martes, 27 de noviembre de 2012

La belleza de LA ILÍADA en las ilustraciones de JOMA

Quereis ver lo que ocurre cuando se unen el talento artístico y la pasión por el mundo clásico? el resultado es LA BELLEZA Podeis ver toda la serie de este ilustrador aquí: http://www.magazinedigital.com/cultura/ilustradores/reportaje/pageID/2/cnt_id/419

sábado, 18 de diciembre de 2010

AS SATURNAIS

   Despois de varios días traballando sobre como celebraban os romanos estas datas, os alumnos de 4º da Eso e os de 1º de Bacharelato xa son todos uns expertos nas SATURNAIS. Como vimos, hai moitas semellanzas entre esta festa e o Nadal que nós imos celebrar nos próximos días. Tamén aprendimos como se felicitaban as Saturnais e o Ano Novo en latín.
Aqui quedan, para o recordo, as postais que elaboraron os alumnos de cada grupo.
Pola miña parte só queda despedirme e desexarvos a todos FELICES FESTAS e FELIZ ANO NOVO:

             EGO ANA, MAGISTRA VESTRA, OMNIBUS DISCIPULIS   ATQUE  MAGISTRIS  SARDINIENSIBUS BONA SATURNALIA ET FAUSTUM
NOVUM ANNUM VOBIS PRECOR

Saturnais-4ESO on PhotoPeach



SATURNAIS-1ºBAC. on PhotoPeach

martes, 14 de diciembre de 2010

ADESTE FIDELES


Nestas datas de Nadal seguro que todos oístes algunha vez esta vez coñecida cantiga de Nadal. A súa letra está en Latín, así que imos tentar saber o que di:

Adeste, fideles, laeti, triumphantes,
Venite, venite in Bethlehem:
Natum videte Regem Angelorum:
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

En grege relicto, humiles ad cunas,
vocati pastores approperant.
Et nos ovanti gradu festinemus.
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Aeterni Parentis splendorem aeternum,
Velatum sub carne videbimus
Delum Infantem, pannis involutum.
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

Pro nobis egenum et foeno cubantem,
Piis foveamus amplexibus:
Sic nos amantem quis nos redamaret?
Venite adoremus, venite adoremus
Venite adoremus Dominum.

AQUÍ tedes unha tradución por se precisades axuda

E así é o como soa:



MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

lunes, 6 de diciembre de 2010

POMPEIA DERRÚMBASE!!

Moi malas noticias rapaces.
As inclemencias metereolóxicas e a desidia do goberno italiano están a acabar co valiosísimo patrimonio arqueolóxico de Pompeia e de Herculano. As choivas do mes de novembro provocaron o derrumbe da Casa dos Gladiadores - xa non poderemos ver os seus fermosos frescos - e agora, sen que ninguén fixera nada por evitalo, caeron outras dúas paredes na Casa do Moralista
Podedes ler os detalles da noticia  e ver fotos e vídeos relacionados con ela nestas ligazóns:

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2010/12/01/00031291201619193619273.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/12/04/cultura/1291468882.html

jueves, 2 de diciembre de 2010

A IRA DO VESUBIO



UN CALUROSO DÍA DE AGOSTO DO ANO 79 D.C. O TEMPO DETÍVOSE NAS POPULOSAS CIDADES DE POMPEIA E HERCULANO, SITUADAS AMBAS AO PÉ DO MONTE VESUBIO. O VELLO VOLCÁN ESPERTABA DUN LONGO LETARGO. TODO SUCEDEU TAN RÁPIDO QUE NINGUÉN PUIDO ESCAPAR DA FUNESTA IRA DA NATUREZA. AS DÚAS CIDADES FICARON SEPULTADAS BAIXO UNHA GROSA CAPA DE LAVA, CINZA E PEDRAS. AMBAS ERAN CIDADES MOI PRÓSPERAS, SOBRE TODO POMPEIA, ONDE OS ROMANOS RICOS CONSTRUÍAN FASTUOSAS MANSIÓNS NAS QUE DISFRUTAR DO SEU TEMPO DE LECER.
 PARA IRVOS ADENTRANDO NESTA APAIXOANTE HISTORIA, PODEDES VER ESTE VIDEO QUE VOS CONTA COMO ERA A VIDA COTIÁ NA CIDADE DE POMPEIA ATA ESE FATÍDICO 24 DE AGOSTO

Nestoutro vídeo podedes ver as cidades de Pompeia e Herculano desde o punto de vista da arqueoloxía:




Videos tu.tv

miércoles, 1 de diciembre de 2010

LATÍN PARA PRINCIPIANTES

A web Solar Net TV vén de publicar unha serie de VÍDEOS en youtube para ensinar diferentes linguas extranxeiras: polaco, alemán, sueco, portugués, turco, ruso, árabe, xaponés, español... e, por suposto, Latín. O desta lingua está grabado por dous alumnos: un alemán e outro británico, polo que a maiores do interese do propio idioma, ofrece a oportunidade de ver como se pronuncia o latín noutros países.
UTINAM VOBIS PLACEAT!

LIÑAS DO TEMPO (1º BAC.)

Hoxe vimos de rematar un traballo de 4 días na aula de informática e quero felicitar aos meus alumnos de 1º polo esforzo que fixeron.
Estivemos traballando sobre os acontecementos máis relevantes da historia de Roma desde as súas orixes ata o alto Imperio reflexándoos en liñas do tempo. Este é o resultado final

I. HISTORIA DE ROMA: AS ORIXES E A MONARQUÍA ( Autoras: Carla e Tamara)



II. HISTORIA DE ROMA: A REPÚBLICA. (Autor: Abel)



III. HISTORIA DE ROMA: O IMPERIO: O PRINCIPADO. (Autoras: Yuleysi e Awilda)



Podedes velas dun xeito máis ampliado premendo AQUI